martes, 22 de agosto de 2017

GAÑADORA E GAÑADOR DE XUÑO

Na partida de Class Dojo de xuño tivemos dous gañadores: Carlota e Fabián.
Noraboa aos dous!!!!


lunes, 5 de junio de 2017

DIÁLOGOS TEATRAIS

Levamos uns días traballando nos textos teatrais.
Primeiro estivemos lendo varios textos na aula e representándoos todos xuntos. Vimos como se organiza unha obra de teatro, o que son as acoutacións, que despois do nome de cada personaxe colócanse dous puntos.
Depois tocounos a nós escribir os nosos propios textos. Para iso agrupámonos en parellas e cada parella tivo que pensar os personaxe, a escea e os diálogos.
A continuación viñeron os ensaios de cada parella e ... por último as representacións diante dos compañeiros!!!

UN GRANXEIRO EN APUROS .... 


UNHA VODA DESASTROSA ... 



UNHA DETENCIÓN...


TRAZANDO UN PLAN ...


LIORTA ENTRE IRMÁNS ...


UNHA FESTA MOI "ANIMAL" ... 



UN TIBURÓN CON FAME ... POBRE PEIXIÑO!!!!!!

"HAN CANTADO BINGO"

Algúns venres aproveitamos para botar unha partida ao bingo e practicar o cálculo mental. Traballamos por parellas sobre distintos cartóns. Que tensión ... todos preparados para cantar a primeira liña ... e depois .... a polo BINGOOOOOO!!!







OBRADOIRO DE FIGURAS XEOMÉTRICAS

Estivemos estudando en matemáticas o desenvolvemento plano das figuras xeométricas e que mellor maneira de levalo á práctica que creando as nosas propias figuras:


ÚLTIMA SEMANA DE LECTURAS EN PÚBLICO




martes, 30 de mayo de 2017

MOMENTOS DE RELAXACIÓN

Levamos varios días probando os exercicios de relaxación. Todas as mañás facemos tres :
ELEFANTE
TRIÁNGULO
ÁRBORE

... e a verdade é que cando rematamos nos sentimos máis relaxados e concentrados !!!


Aquí estamos practicando a postura da árbore: