jueves, 22 de diciembre de 2016

3,2,1 ... RODANDO O NOSO MANNEQUIN CHALLENGE

Vaia reto ... quedarnos quietos!!! Co que nos gusta a nós estar en movemento!!! Seremos capaces de superar este reto que se está convertindo nunha moda en Internet ... gravar un video como se fósemos estatuas. Queredes ver se o conseguimos? Mirade o seguinte video e o descubriredes!!!


ESTREA DA OBRA "O COELLIÑO BRANCO"

O traballo con este conto comezaba hai uns meses, cando empezamos a ler " O coelliño branco" nas clases de Lingua para ver un exemplo de conto no que se mesturaba partes dialogadas e partes narrativas, pois era o que andabamos a traballar eses días ... E unha cousa foi levando á outra ...xa que estabamos lendo o conto, pareceunos boa idea dramatizalo .. comezamos a ensaiar, a pensar en facer unha obra de teatro, a tomar decisións de como nos iamos caracterizar ... a pensar en quen lle podiamos representar a nosa obra ... e foi pasando o tempo ata HOXE, o día no que representamos a obra para os nenos e nenas de Infantil e de 1º curso.

O coelliño branco é unha historia de amizade, de empatía e compañerismo que nos ensina que a valentía non ten nada que ver co tamaño ou coa forza se non coa intelixencia e a audacia.

























miércoles, 21 de diciembre de 2016

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS



Levamos todo o trimestre traballando sobre este libro:O EMOCIONARIO
emocionario-cristina nuñez-rafael romero-9788494151309


Un libro que nos fixo adentrarnos nas diferentes emocións, algunhas xa coñecidas para nós e outras que non o eran tanto.
Aquí tedes algunhas reflexións feitas polos nenos e nenas da clase:
- HUGO: pensaba que había poucas emocións pero lendo o libro descubrín que había moitas máis das que pensaba.
- CARLOTA: este libro axúdanos a ver e entender todas as emocións que temos no noso corpo.
-AITOR: este libro axudounos a expresar as nosas emocións cando tivemos que pensar en situacións que nos sucederan a nós mesmos.
- FABIÁN: ao principio só coñecía poucas emocións e co libro descubrín moitas máis. Chamoume a atención a frustración.
- ZAIRA: este libro axudounos a coñecer moitas emocións novas como o desalento.
- ELOY: chamoume a atención a tristeza, que expresa unha forma de ser.
- TEO: as ilustracións axudáronnos a coñecer mellor a emoción que estábamos vendo.
- ADRIÁN: pensaba que as emocións eran unha tontería pero agora non.
- SABELA: ás veces tiñamos que interpretar as ilustracións para saber o que significaban.
- ANXO: este libro ensinounos que hai emocións boas e malas.
- NEREA: este libro ensinounos que podemos ter diferentes emocións.
- ARÓN: aprendimos novas emocións.
- BRAIS: gustoume porque aprendín cousas novas.
- IAGO: aprendín moito sobre emocións que non sabía.


domingo, 18 de diciembre de 2016

ADXECTIVO OU NOME?

Xogo por equipos para agrupar as palabras segundo sexan adxectivos ou nomes. Despois, como sempre, un tempo para a autocorrección, cada equipo corrixe o seu traballo!!



VISITANDO A BIBLIOTECA MUNICIPAL E A RADIO LOCAL

Antes de rematar o trimestre fixemos unha pequena saída á Estrada. Primeiro fomos visitar a biblioteca municipal e a continuación Radioestrada ... e algúns de nós ata falaron pola radio!!!