miércoles, 21 de diciembre de 2016

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS



Levamos todo o trimestre traballando sobre este libro:O EMOCIONARIO
emocionario-cristina nuñez-rafael romero-9788494151309


Un libro que nos fixo adentrarnos nas diferentes emocións, algunhas xa coñecidas para nós e outras que non o eran tanto.
Aquí tedes algunhas reflexións feitas polos nenos e nenas da clase:
- HUGO: pensaba que había poucas emocións pero lendo o libro descubrín que había moitas máis das que pensaba.
- CARLOTA: este libro axúdanos a ver e entender todas as emocións que temos no noso corpo.
-AITOR: este libro axudounos a expresar as nosas emocións cando tivemos que pensar en situacións que nos sucederan a nós mesmos.
- FABIÁN: ao principio só coñecía poucas emocións e co libro descubrín moitas máis. Chamoume a atención a frustración.
- ZAIRA: este libro axudounos a coñecer moitas emocións novas como o desalento.
- ELOY: chamoume a atención a tristeza, que expresa unha forma de ser.
- TEO: as ilustracións axudáronnos a coñecer mellor a emoción que estábamos vendo.
- ADRIÁN: pensaba que as emocións eran unha tontería pero agora non.
- SABELA: ás veces tiñamos que interpretar as ilustracións para saber o que significaban.
- ANXO: este libro ensinounos que hai emocións boas e malas.
- NEREA: este libro ensinounos que podemos ter diferentes emocións.
- ARÓN: aprendimos novas emocións.
- BRAIS: gustoume porque aprendín cousas novas.
- IAGO: aprendín moito sobre emocións que non sabía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario