domingo, 23 de abril de 2017

SEMANA DO LIBRO

No hay texto alternativo automático disponible.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!


Celebramos a semana do libro COMPARTINDO LECTURAS. Aquí podedes ver un video:


LECTURAS COMPARTIDAS on PhotoPeach

A MAXIA DAS MATEMÁTICAS

HUGO fíxonos unha demostración da maxia que teñen as matemáticas despois de ler un libro. Todos quedamos impresionados! A verdade é que os números serven para facer maxia ... é a MATEMAXIA


TEO E A SÚA VISITA ÁS FRAGAS DO EUME


Aproveitando as vacacións de Semana Santa Teo e a súa familia visitou as Fragas do Eume. Veu cargado de libros e información e ademáis mostrounos a súa reportaxe fotográfica. Grazas por compartir con nós!!!


COMEZAMOS AS LECTURAS EN PÚBLICO

Durante a HORA DE LER do 3º trimestre, por segundo ano consecutivo poñemos en marcha unha actividade titulada "LECTURAS EN PÚBLICO". Cada un prepara individualmente na súa casa unha lectura que lerá para na clase para todos.
Seguimos a orde alfabética así que os primeiros foron CARLOTA e FABIÁN que escolleron unhas poesías moi orixinais!!!



sábado, 1 de abril de 2017

NOVO GAÑADOR DE CLASS DOJO

No mes de marzo o gañador da nosa partida de CLASS DOJO foi FABIÁN...


NORABOA FABIÁN POLO TEU ESFORZO .... SEMPRE QUE NOS ESFORZAMOS OBTEMOS UNHA RECOMPENSA!!!

Aquí podedes ver a súa personalización!

CONTACONTOS CON ANXO MOURE

Hoxe tivemos unha visita moi especial. Veu ao noco centro o escritor ANXO MOURE e pasamos unha sesión moi divertida con el e os seus contos ... A través das súas historias lembramos a importancia do coidado do medioambiente, das árbores, dos ríos ...




ANXO ... O PERCUSIONISTA!!!

Anxo toca a percusión e quixo traer a clase as baquetas para ensinalas. Puidemos ver que todas elas son diferentes. Anxo ensinounos con que instrumento se usaba cada unha.

OBRADOIRO DE MEDICIÓN

Por grupos estivemos traballando o peso. Descubrindo canto pesa o quilo, un medio e un cuarto ... e preparando os nosos propios paquetes con estas medidas... Para algún equipo foi un pouco complicado manter todo o produto dentro do paquete ...   :)



PROBANDO UN NOVO XOGO

Aquí estamos probando un xogo novo.... o "Jenga" ... toda unha oportunidade para poñer a proba as nosas habilidades!!!


DE CONCERTO

Asistimos a un Concerto da banda de Bandeira e da Banda de Ordes.



Ao día seguinte cada un fixo un INFORME desta saída.
Aquí podemos ver o de Carlota: