miércoles, 1 de marzo de 2017

PRIMEIRO GAÑADOR CLASS DOJO

Remata febreiro e con el a nosa primeira partida de Class Dojo. O gañador deste mes foi: TEO


NORABOA TEO E GRAZAS POR SER TAN BO COMPAÑEIRO!!!!



E así quedou o avatar de TEO despois da súa personalización: 



En marzo botamos outra partida ... quen gañará está vez? 


ENTROIDO ... DE PASEO POLAS FRAGAS

Disfrazámonos seguindo o tema do proxecto que estamos a desenvolver: AS FRAGAS DO EUME.  Tivemos árbores de moitas formas e tamaños, todas diferentes pero igual de ben elaboradas. Non podía faltar o río Eume ... e ata apareceu por alí un pescador.




Grazas a todas as familias pola súa participación! Xuntos sumamos máis!!!

UNHA CLASE CON MOITO RITMO

Hoxe HUGO e NEREA tocaron para todos nós o saxofón.
MOI BEN RAPACES!!! VAIA CONCERTAZO!!!


TRABALLANDO NO HORTO ECOLÓXICO

Hoxe viñeron os papás de Sabela e, xunto con outros cursos, estivemos colocando a cáscara de piñeiro no noso horto.