jueves, 16 de febrero de 2017

"SALVADOR TIERRA Y EL CUENCO DE ORO" (Patricia Geis)

Esta semana comezamos a ler "Salvador tierra y el cuenco de oro" dentro do Plan Lector.
Quen é Salvador Tierra? Pois por agora non o temos mois claro, só sabemos que Méritus Moodle anda tras el e que foi visto en moitos lugares en diferentes momentos. Agora Méritus Moodle está chegando a Iquitos, no Perú e andaba cambiando os cartos pola moeda do país. No libro explicaban que esa moeda era o "Sol". ARÓN lembrou que el tiña na casa un billete de Perú... ao día seguinte xa o tiñamos na clase. MOITAS GRAZAS ARÓN!!!







Si es que se hace querer...Resultado de imagen de salvador tierra y el cuento de oro


Compartir lecturas entre todos e todas os da clase é unha boa práctica. Lembrades o libro do ano pasado? "Mondragó: La gran prueba" ... e que incluso conseguíramos contactar con Ana Galán, que sorte tivemos!!! ...
Mirade que ben quedara o noso traballo sobre os dragóns. Teremos que ir pensando algo sobre o libro deste ano!!!


APRENDENDO MÁIS SOBRE A CULTURA CHINESA...

SABELA estase convertindo nunha experta coñecedora da cultura chinesa. Agora acudiu a curso de elaboración de nós chineses e tróxounos de mostra algúns dos que realizou.

GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS, SABELA!!!








Quen xa está preparada para ir a China é Zaira que está moi atenta ás explicacións de Sabela e pronuncia á perfeción!!.Zhùhè (Noraboa) !!!

Para os que queirades seguir aprendendo, temos esta páxina que a través de xogos, vainos ensinando moitas novas palabras.



http://www.chinoparaninos.es/





再见!---zài jiàn!  (quen se lembra de que significa isto?)  







miércoles, 8 de febrero de 2017

NOVO PROXECTO Á VISTA ... AS FRAGAS DO EUME

As fragas do Eume é un dos espazos naturais protexidos de Galicia. Onte estivemos vendo un video de todos os espazos protexidos e hoxe xa traballamos específicamente coa fraga.
Despois dunha presentación en powerpoint da profesora achegámonos ao mapa para coñecer e buscar os lugares máis cacterísticos. Ademáis vimos a evolución da fraga ... desde hai 65 millóns de anos ata o presente.



SABELA CÓNTANOS O QUE APRENDEU NO CURSIÑO DE CHINÉS

Onte Sabela asistiu a un curso de chinés e hoxe xa nos explicou en que consistiu e ata nos ensinou a saudar!!!
Que interesante estamos desexando que nos ensine máis!!



IAGO ENSINÁNDONOS AS POSIBILIDADES DO "CUBEBOT"

Hoxe Iago amosounos as posibilidades do seu "cubebot"... Canto nos gustou este novo xoguete!!!