jueves, 22 de diciembre de 2016

ESTREA DA OBRA "O COELLIÑO BRANCO"

O traballo con este conto comezaba hai uns meses, cando empezamos a ler " O coelliño branco" nas clases de Lingua para ver un exemplo de conto no que se mesturaba partes dialogadas e partes narrativas, pois era o que andabamos a traballar eses días ... E unha cousa foi levando á outra ...xa que estabamos lendo o conto, pareceunos boa idea dramatizalo .. comezamos a ensaiar, a pensar en facer unha obra de teatro, a tomar decisións de como nos iamos caracterizar ... a pensar en quen lle podiamos representar a nosa obra ... e foi pasando o tempo ata HOXE, o día no que representamos a obra para os nenos e nenas de Infantil e de 1º curso.

O coelliño branco é unha historia de amizade, de empatía e compañerismo que nos ensina que a valentía non ten nada que ver co tamaño ou coa forza se non coa intelixencia e a audacia.

























2 comentarios: