Quen é Salvador Tierra? Pois por agora non o temos mois claro, só sabemos que Méritus Moodle anda tras el e que foi visto en moitos lugares en diferentes momentos. Agora Méritus Moodle está chegando a Iquitos, no Perú e andaba cambiando os cartos pola moeda do país. No libro explicaban que esa moeda era o "Sol". ARÓN lembrou que el tiña na casa un billete de Perú... ao día seguinte xa o tiñamos na clase. MOITAS GRAZAS ARÓN!!!


Compartir lecturas entre todos e todas os da clase é unha boa práctica. Lembrades o libro do ano pasado? "Mondragó: La gran prueba" ... e que incluso conseguíramos contactar con Ana Galán, que sorte tivemos!!! ...
Mirade que ben quedara o noso traballo sobre os dragóns. Teremos que ir pensando algo sobre o libro deste ano!!!








